TURISMO DE POIO

Poio, o corazón das Rías Baixas

Poio é un municipio da ría de Pontevedra, un territorio situado no corazón das Rías Baixas, entre a cidade de Pontevedra e as terras do Salnés. Un auténtico balcón á ría onde atopar máis de vinte praias, arte rupestre milenario, un dos edificios monásticos máis monumentais de Galicia, un núcleo costeiro tradicional perfectamente conservado e rehabilitado, roteiros de sendeirismo e camiños de peregrinación a Compostela.

Accesos rápidos

Sede electrónica

Taboleiro de anuncios

Avisos e Incidencias

Servizos

Transparencia

Canle de denuncias

Pagos e recibos

Visita a Illa
de Tambo

A Illa de Tambo é un enclave insular na ría de Pontevedra que contén un patrimonio cultural e natural que é necesario protexer e preservar.

As visitas a illa realízanse en grupos limitados, acompañados por guía e accedendo unicamente polo peirao. Para a visita, ademais da autorización de acceso é necesario mercar un billete coas navieiras que realizan estas viaxes organizadas dende o Porto de Combarro.

Axenda de actividades

PARTICIPACIÓN

Participación
cidadá

É unha plataforma para promover  a participación individual e colectiva dos veciños e veciñas de Poio. 

Procura facilitar a participación e a sustentabilidade das iniciativas cidadáns nas localidades de Raxó, Samieira, Combarro, San Xoán e San Salvador.

Scroll al inicio